13/06 – Faladoiro: «Sabemos morrer?»

13/06 – Faladoiro: «Sabemos morrer?»

Desde Radio Manoplas organizamos un novo faladoiro baixo o título: «Sabemos morrer?». Será o venres 13 de xuño a partir das 20h00 nos locais parroquiais do «Cristo da Vitoria» (rúa Baiona 9, Coia – Vigo).

Retrucamos cun faladoiro ao vivo e con público. Para tal diálogo contamos con tres mulleres que xa pasaron con anterioridade polos micros de Radio Manoplas que nesta ocasión xuntamos para falar sobre a morte. Elas son:

  • Irene Esperón Rodríguez: psicóloga clínica na unidade de paliativos do hospital Meixoeiro.
  • Marta Bautista Díaz: educadora social e profesora do ciclo superior de Integración Social.
  • Mari Mar Revuelta Álvarez: monxa dominica da comunidade do «Cristo da Vitoria» de Coia.

Queremos falar da morte sen dramas. Buscamos pensar, xuntas, en como este acontecemento nos afecta e interpela como comunidade. Se morremos como vivimos, cómpre pensarmos como podemos mellorar as vidas de todas en contextos de incerteza crecente, de inxustiza e desigualdade, de individualismo. Para tal proposta contamos con tres persoas con experiencias cercanas e reflexionadas sobre a morte. Animámosvos a vir para construírmos xuntas unha mirada máis fonda e colectiva sobre a morte e a vida.

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *