Sobre nós

Podcast, mellor falangullo, feito desde #CoiaIsNotVigo

Interésanos escoitar persoas
con vidas inspiradoras

Ás veces tamén probamos con outros formatos: podcasts
narrativos nos que rescatamos historias, faladoiros ao vivo, etc.

Para moitas Radio Manoplas é coñecida por #CoiaIsNotVigo, un
lema que plasmamos nunha chea de produtos que
podedes atopar na seguinte ligazón:

Radio Manoplas
nos medios

Nesta andaina, que iniciou en 2021, espertamos o interese de diversos medios de comunicación da cidade, como A Movida, Faro de Vigo e La Voz de Galicia…

Achegamos un dos exemplos: a peza que «La Voz de Galicia» publicou para dar conta do noso traballo, baixo o título Un pódcast, un lema: «Coia is not Vigo».

Síguenos nas
principais plataformas

Tés algunha dúbida?

Nas redes sociais atoparedes máis info sobre este falangullo, en concreto en
Instagram e Mastodon (@radiomanoplas).

Calquera dúbida, comentario ou suxestión non dubidedes en facela a través
do email: info@radiomanoplas.org

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209