#CoiaIsNotVigo
Identidade, barrio e creatividade

Unha chea de produtos co
lema #CoiaIsNotVigo
Así recolleron na La Voz de Galicia o porqué deste lema:
«O que comezou sendo un agasallo para as persoas que Diego Lores Correa ía entrevistando no seu podcast, espertou pouco a pouco unha escalada de interese que se perfila como unha peza de culto. Lores é o creador da emisión Radio Manoplas e, ao mesmo tempo, o impulsor do deseño dunha serie de obxectos que teñen como denominador común un lema e un logotipo: Coia is not Vigo. A imaxe comezou decorando unhas cuncas, despois unhas camisetas, máis tarde suadoiros, bolsas tipo totebag, e o último, para seguir alimentando este amor polo barrio, son uns cadernos con forma de pasaporte dun país incipiente: a República Independente de Coia»
Iso foi no abril de 2023, logo diso viñeron: calcetíns, vasos, parches, camisolas, chaquetas, chaveiros, pegatas… e non sabemos que virá no futuro 😉
O que si sabemos que en Dixtinta, imprenta dixital, poderedes atopar todo o que imos sacando.

Os nosos produtos

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

