#CoiaIsNotVigo

Identidade, barrio e creatividade

Unha chea de produtos co
lema #CoiaIsNotVigo

Así recolleron na Voz de Galicia o porqué deste lema:

«O que comezou sendo un agasallo para as persoas que Diego Lores Correa ía entrevistando no seu podcast, espertou pouco a pouco unha escalada de interese que se perfila como unha peza de culto. Lores é o creador da emisión Radio Manoplas e, ao mesmo tempo, o impulsor do deseño dunha serie de obxectos que teñen como denominador común un lema e un logotipo: Coia is not Vigo. A imaxe comezou decorando unhas cuncas, despois unhas camisetas, máis tarde suadoiros, bolsas tipo totebag, e o último, para seguir alimentando este amor polo barrio, son uns cadernos con forma de pasaporte dun país incipiente: a República Independente de Coia»

Iso foi no abril de 2023, logo diso viñeron: calcetíns, vasos, parches, camisolas, chaquetas, chaveiros, pegatas… e non sabemos que virá no futuro 😉

O que si sabemos que en Dixtinta, imprenta dixital, poderedes atopar que imos sacando.

Unha proposta que nace ao abeiro da asociación Espazo Alicerces, como evolución natural dun camiño percorrido arredor da radio como ferramenta educativa, comunitaria e transformadora.

Susténtase na experiencia acumulada co podcast Radio Manoplas, nas formacións impartidas a equipos docentes e no traballo desenvolvido en contextos diversos a través de proxectos como: Radio Xaruma, Adiquerando de ou Viaxando polos continentes.

En todos estes espazos fomos constatando o potencial da radio como canle para activar vínculos, dar voz a quen non sempre é escoitada, fortalecer procesos comunitarios e fomentar a participación social. Esta iniciativa é, pois, unha resposta a ese potencial: unha aposta pola radio ao servizo das persoas, da inclusión e do coidado.

Os nosos produtos

Falangullo, feito desde #CoiaIsNotVigo, é un espazo para escoitar
vidas inspiradoras, con formatos que van dende podcasts narrativos
ata faladoiros ao vivo.