Este falangullo proporciona a quen entrevista a oportunidade de conversar con persoas con vidas moi interesantes. Unha delas foi Pura González Carnero.
Un venres pola mañá fun acompañado de Martín até a residencia Santa Marta, situada en Alcabre. Alí agardaba Pura, coas súas mellores galas, para falarnos de Coia, da comunidade do «Cristo da Vitoria», dos impactos do mal chamado «progreso»…
Para tal ocasión levamos micrófonos e cámaras; aquí deixamos o vídeo da entrevista.