Radio Manoplas
Radio Manoplas
4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo
Cargando
/

A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo.

Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear un fogar protector, onde o sentido da xustiza estaba sempre presente. Familia na que a creatividade e a arte acompañan a moitas das súas integrantes.

O noso entrevistado lembra con orgullo que foi el quen levou aos seus pais á parroquia do Cristo da Vitoria, onde quedaron abraiados coas «emilías», nas que se falaba de loitar polas persoas máis vulnerables e de facer comunidade para mellorar a vida do barrio. Foi nese espazo onde Sergio e as súas compañeiras coincidiron cun dominico novo, con experiencia no traballo con infancia en situación de risco, que os animou a comezar a xuntarse con crianzas e adolescentes da zona. Así, sen sabelo, estaban facendo traballo de educación de rúa, coa orientación e alento de Juan.

Durante a súa etapa universitaria, Sergio recibiu a oportunidade de traballar acompañando a esa mocidade, para máis adiante, xa con Ana, comezar a vivir nunha casa de familia para crianzas tuteladas pola Xunta de Galicia. Daquelas experiencias, Sergio aprendeu que «o máis profesional de todo é a mirada de afecto», a sensibilidade e a intención de estar presente por e para eles. Tras traballar en diferentes entidades sociais, hoxe coordina o programa «En Familia», un proxecto de acollemento familiar para nenos, nenas e adolescentes que viven en centros de protección e non dispoñen de alternativas familiares.

Rematamos a conversa coa música de Jorge Drexler, nesta ocasión interpretando «Guitarra y vos».

Botádenos unha man compartindo este proxecto que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: http://alicerces.arkipelagos.net

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *