Radio Manoplas
Radio Manoplas
4x3 #RadioManoplas: Silvia Penas Estévez
Cargando
/

A persoa que estrea o rocho de Eduardo como estudo é Silvia Penas Estévez.

Veciña de Balaídos, moi preto de Citroën onde traballaba o seu pai. Logo do primaria estudou no «Coia 2» e máis tarde -tras moitas dúbidas- fixo Filoloxía Galega. Título que posibilitou anos de traballo como docente en diferentes ámbitos, mais a súa vida tiraba máis polo arte.

Na súa web atopamos como presenta o seu traballo que: «ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía volátil ou efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz». Ten varios libros publicados, premios e moitas horas no escenario, gran parte delas con Cinta Adhesiva proxecto que comparte con Jesús Andrés. O seu traballo destaca pola «intensidade» así como polo coidado da posta en escena, do vestiario -herdanza do traballo materno-, do son…

Na conversa Silvia explica como foi a súa vivencia co galego e tamén explica as dificultades de vivir da cultura. Un pracer falar con Silvia, unha das voces máis singulares do panorama artístico en língua galega. Para rematar despedimos a entrevista con «Beach house» de Myth.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *