Radio Manoplas
Radio Manoplas
1X3 Radio Manoplas: Eva Gil Rodríguez
Cargando
/

Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, mais segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich. Xente que viña participando nese espazo creou ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), organización na que Eva é persoa activa. Falamos tamén con ela de persoas migrantes e de feminismos ao fío da súa actividade en Raias Traveseiras e no podcast A resistencia do dedo medio.

Gusta da música e comparte en Radio Manoplas dúas pezas. A primeira que escoitamos é «Ain’t Got No, I Got Life» de Nina Simone. Rematamos o terceiro programa con «Ela Propón» da música galega Mercedes Peón.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *