O que sabemos, queremos compartilo. Podemos botar unha man co manexo do equipamento necesario para gravar e facer podcast ou radio comunitaria.
Ao longo destes anos achegamos os trebellos e fixemos radio con crianzas en escolas. Ademais, realizamos diversas formacións con profesorado —da man do CFR— sobre o uso da radio como ferramenta educativa.
A radio é un medio con moito potencial no ámbito social. Todo o que fomos aprendendo e experimentando podemos compartilo se che interesa.