5×7 #RadioManoplas: «Sabemos morrer?»

5×7 #RadioManoplas: «Sabemos morrer?»

O sétimo programa da quinta tempada é un faladoiro gravado con público no salón de actos da comunidade do «Cristo da Vitoria», titulado «Sabemos morrer?».

Para tal reto, falar da morte, contamos con: Marta, Irene e Mari Mar. Un auditorio ateigado de xente con idades e vivencias diversas acolleu a conversa con gratitude, malia a fondura do asunto.

Comezamos con Mari Mar, que compartiu a súa experiencia como acompañante no grupo de autoapoio VIH-SIDA e adiccións «O IMÁN». Irene explicou en que consiste o seu traballo como psicóloga no servizo de coidados paliativos. Marta, pola súa banda, relatou como viviu o proceso de enfermidade e morte de Mercedes, unha alumna do ciclo de Integración Social.

A conversa foi gañando ritmo. As participantes explicaron con tenrura e cun sorriso como lles gustaría despedirse deste viaxe. As tres coincidían en que querían facelo dun xeito festivo, así como na importancia do colectivo e do comunitario tanto na vida como na morte. Un exemplo vivo disto foi Marina, monxa dominica da comunidade do «Cristo da Vitoria», que morreu loitando —xunto con outras— pola mellora da atención das pacientes oncolóxicas.

Foi unha sorte poder participar neste acto. Agardamos que provoque novas conversas e reflexións sobre como vivimos e sobre o ben que senta facelo en compañía doutras persoas.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *