Recompilación de verán: #8 Prisións, reparación e xustiza social

Recompilación de verán: #8 Prisións, reparación e xustiza social

O oitavo tema que propoñemos para este verán leva por título #8 Prisións, reparación e xustiza social.

Para isto traemos dous episodios. No primeiro deles poderedes escoitar a Marina falar sobre o seu traballo como psiquiatra no mundo das adiccións que a levou a facer consulta no centro penitenciario de A Lama:

2×7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco > http://alicerces.arkipelagos.net/2×7-radiomanoplas-marina-fuentes-barco

A seguinte recomendación é un programa especial. Durante os meses de febreiro e marzo de 2024 realizamos entrevistas a catro persoas que viviron ou viven privadas de liberdade en prisións galegas —tres homes e unha muller— para afondar na súa experiencia e nas consecuencias do paso pola cadea. Unha pequena xanela que, grazas á xenerosidade destas catro persoas, nos permite coñecer un pouco mellor como son as vidas de quen viven entre os muros das cárceres:

4×2 #RadioManoplas: Especial «Falan as presas» > http://alicerces.arkipelagos.net/4×2-radiomanoplas-especial-falan-presas

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *