5×9 #RadioManoplas: Zaida Jiménez Jiménez

5×9 #RadioManoplas: Zaida Jiménez Jiménez

A novena entrevistada da quinta tempada é Zaida Jiménez Jiménez.

Filla de «Mili», referente para Zaida de muller xitana. Lembra unha infancia moi feliz, nunha casa co tendeiro máis limpo de Castrelos. O dobre apelido Jiménez xa daba pistas da súa orixe dentro do sistema educativo, do mesmo xeito que o oficio dos seus pais no «mercadillo».

Na casa apostaron, malia as dificultades, polo camiño do estudo para as súas fillas. Zaida medraba cun pé en cada mundo. Os seus pais defendían con valentía, na comunidade xitana, o estilo de vida que querían para elas. Apostaban pola formación, aínda que non sempre se entendía que aprender non significaba perder a identidade. Nese camiño contaron co apoio de ‘Guru’, unha traballadora social xitana que con insistencia e camelo converteuse nun referente para Zaida.

Co tempo, rematou a carreira de Maxisterio e, tras pasar por diversos contratos, comezou a traballar na Fundación Secretariado Xitano. Na actualidade exerce como técnica de igualdade, á fronte de programas para mulleres como o «Calí».

Na entrevista, reflexiona sobre o feito de ser referente nunha sociedade marcada polo antixitanismo, unha responsabilidade que adoita supoñer críticas desde dentro e desde fóra desta comunidade. Tamén analiza que en territorios como Galiza bótase en falta a presenza de movementos sociopolíticos liderados pola propia comunidade xitana, que loiten polas transformacións necesarias.

Agradecemos a conversa fonda e sincera de Zaida, que pechamos coa canción «Mora», de José el Francés.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO. Esta entrevista tamén tédela con vídeo en YOUTUBE.

1 comentario

  1. Maria Jiménez

    Un verdadero ejemplo de superación y valentía, y apesar de los impedimentos q encontró en el camino supo saltar sin caer…estoy muy ORGULLOSA de ella ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *