Radio Manoplas
Radio Manoplas
1x10 #RadioManoplas: Beatriz Lorenzo Caamiña
Cargando
/

Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Beatriz Lorenzo Caamiña.

Chegamos ás dez entrevistas coa compaña de Bea que medrou nunha parroquia de Porriño para logo vir a Vigo. Na conversa falamos con ela sobre o empobrecemento que a acompaña desde hai anos o que a levou a ser boa coñecedora dos servizos sociais. Na procura de alternativas coincidimos na Oficina de Dereitos Sociais – Coia. No libro «Renda Básica das iguais e feminismos» explica -con claridade- o seu proceso de apoderamento no texto titulado: «Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento».

Na conversa falamos sobre a conexión entre pobreza e saúde, no seu caso expresada en forma de sufrimento psíquico. Pechamos o falangullo coa peza que recomenda Bea: «E ti, só ti» de el Diluvi con Sés.

Botádenos unha man espallando este proxecto. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.

+info > http://alicerces.arkipelagos.net

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *