Radio Manoplas
Radio Manoplas
2x2 #RadioManoplas: Ana Sieiro Moral
Cargando
/

Debullamos diferentes temas con Ana que ábrenos as portas de Achega, centro de psicoloxía e logopedia, para realizarmos a entrevista.

«Cachorros de nadie» o libro de Reguera foi de inspiración para a súa vida que a colocou sempre preto das crianzas máis vulneradas. Logo de estudar Bioloxía ofrecéronlle traballar en Coruña, xunto a súa parella, nunha vivenda para nenos e nenas en situación de desprotección. Logo viñeron a Vigo onde continuaron con esa tarefa. Pechou etapa, comezou a estudar Psicoloxía e iniciou a súa andaina en Meniños, onde continuou preto da infancia desprotexida desenvolvendo tarefas no programa de integración familiar.

En 2012 abre Achega que vai facer unha década atendendo a adultos, adolescentes e crianzas. Ana fala da vulnerabilidade que trouxo a pandemia e sobre como afecto á saúde mental. Agradecemos tamén que comparta nestes micros como viviu ela e a súa contorna o cancro polo que pasou hai uns anos. Pechamos o falangullo coa súa recomendación musical: «Matriarcas» de Guadi Galego.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *