
Álvaro Gago Díaz regresa a Coia para coñecermos con máis fondura ao director do filme «Matria».
Estudou en centros públicos do barrio (Escola Infantil do Cristo da Victoria, CEIP Seis do Nadal e no «Coia 2») para logo marchar até Pontevedra onde fixo Comunicación Audiovisual. En Chicago e Londres continuou a súa formación académica e humana. Álvaro destaca tamén a importancia na súa evolución persoal os anos de balonmán no clube Seis do Nadal.
Medrou nun núcleo familiar «moi tenro e agarimoso», pasando gozosos veráns no Salnés e en A Mariña Lucense. Di herdar dos seus pais o gozo pola cultura, a constancia e tamén o coidado polas persoas e pola comunidade. O cine de Álvaro desprende sensibilidade e respecto pola vida de mulleres como Ramona, personaxe inspirado en Francis, que padecen nas súas vidas as pegadas do patriarcado.
Pechamos o falangullo con «L’Anno Che Verrà» de Lucio Dalla, canción que disfruta xunto ao maior dos seus fillos.
+info: http://alicerces.arkipelagos.net