Radio Manoplas
Radio Manoplas
4x1 #RadioManoplas: María Reimóndez Meilán
Cargando
/

A entrevistada coa que iniciamos a cuarta tempada é María Reimóndez Meilán.

Nada en Lugo, mais os estudos de Tradución e Interpretación a trouxeron a Vigo onde reside desde hai anos e na que di encaixar moi ben.

Dende cativa comezou a escribir alentada pola súa nai. A escrita é fundamental na súa vida, lembra que nos seus inicios xa estaba a pulsión por contar historias de vidas pouco representadas na literatura. A constancia, a organización e o traballo explican a súa gran produción literaria, moita da cal dirixida ao público infanto-xuvenil. María entende a escrita como un modo de participación na sociedade e nela reflicte asuntos vitais para as nosas vidas: feminismo, defensa do territorio, diversidade sexual, etc.

En «Furia» a protagonista práctica boxeo deporte que para María «é algo que vertebra a miña vida». Alén da morea de estereotipos que o rodea para ela o boxeo é un lugar seguro onde destaca a concentración e a constancia dun deporte que «só podes aprender en comunidade».

De pequena a María dicíanlle que parecía india e accidentalmente a vida a conectou co sur da India. Visita con regularidade ese territorio coa vontade de intervir -é fundadora da ONG Implicadas no Desenvolvemento- na erradicación da pobreza das comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto no grupo das mulleres. Pechamos a entrevista cun tema da gran Mercedes Peón que leva por título: «Deroran».

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679

Comentarios

Aún no hay comentarios. ¿Por qué no comienzas el debate?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *