Política de privacidade
Radio Manoplas é unha iniciativa da Asociación Espazo Alicerces, inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia co nº 2016/020708-1ª e co CIF G27836006 e domicilio social na rúa Baiona 5, 10º esq, 36209, Vigo (Pontevedra). O correo de contacto da asociación é info@radiomanoplas.org
Radio Manoplas almacena unicamente os datos necesarios das súas persoas socias e colaboradoras para a xestión da actividade da asociación e do proxecto de radio. Así mesmo, empregamos cookies de carácter técnico para o correcto funcionamento da web e, de maneira anónima, para analizar o tráfico da páxina.
A Asociación Espazo Alicerces comprométese a respectar a lexislación española relativa á súa actividade, en especial a Lei de Servizos da Sociedade da Información e a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como as demais normas aplicables en Galicia, no Estado español e na Unión Europea. Conforme á normativa vixente, a asociación adapta os seus procedementos ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD)