CATEGORIA
Calendario 10/02/2021
Tempada 1

1×4 #RadioManoplas: Olga Silva Rubín

No cuarto podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín.

Conversamos con Olga sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano.

Olga fala tamén de como viviron as semanas máis duras do confinamento no seu edificio. Pechamos o podcast coa súa recomendación musical: “Lucía” de Serrat.

Botádenos unha man espallando o podcast. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209