4×11 #RadioManoplas: “A bandeira vermella”
O undécimo programa da cuarta tempada é un especial que leva por título “A bandeira vermella”.
Recuncamos cunha nova historia sobre Coia. Guiadas pola voz de Noa Covelo Lores, achegámonos a comprender como unha das tantas parroquias rurais da cidade transformouse -en moi pouco tempo- nun barrio ateigado de cemento e torres de edificios. En pouco máis de oito minutos percorremos as loitas e resistencias dunha veciñanza que aprendeu que a mellor forma de enfrontarse aos abusos dos poderosos era xuntarse para crear vida en común.
Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.
4×7 #RadioManoplas: Noa Covelo Lores
2×10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo
1×1 #RadioManoplas: Marta Bautista Díaz

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

