CATEGORIA
Calendario 11/08/2024
Tempada 4

4×9 #RadioManoplas: “O híper de Coia”

O noveno programa da cuarta tempada é un especial titulado “O híper de Coia”.

Neste episodio, mudamos o formato habitual de entrevistas para contar unha pequena historia. A través da voz de Noa Covelo Lores, adentrámonos no relato sobre o “híper” de Coia. En pouco máis de catro minutos, non só repasamos a historia da súa instalación no barrio, senón que tamén exploramos a conexión do Alcampo co parque de A Bouza.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209