CATEGORIA
Calendario 22/10/2026
Tempada 6

6×11 #RadioManoplas: Amador Fernández-Savater

A undécima persoa entrevistada da sexta tempada é Amador Fernández-Savater.

Investigador independente, activista, editor e “filósofo pirata”, estivo en Vigo participando nas XI Xornadas de Aseia, onde convidou a pensar colectivamente sobre os vínculos, a escoita e as formas de estar coas adolescencias en tempos de incertezas.

Amador lembra que, no instituto, pasou por unha época gamberra na que algúns docentes foron quen de encamiñar a súa enerxía e creatividade. Para el, a filosofía cobra sentido cando parte de preguntas reais sobre a vida e axúdanos a nomear aquilo que nos acontece. Nos últimos anos, entra en centros educativos e contacta con adolescentes dos que procura aprender e escoitar con seriedade e fondura: aspectos que agradecen nun mundo no que viven sometidos a moitas presións.

Pechamos a entrevista celebrando co tema “Another Brick in the Wall”, de Pink Floyd, co cal Amador anima a reinventar a escola.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en iVoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209