CATEGORIA
Calendario 07/05/2026
Tempada 6

6×6 #RadioManoplas: “Airea líderes, creando comunidades diversas”

O sexto episodio da sexta tempada leva por título: “Airea líderes, creando comunidades diversas”.

Este programa recolle parte do vivido o 14 de marzo de 2026 nunha das xornadas de Airea Líderes, un programa de formación en liderado baseado en competencias para persoas adultas con discapacidade e familiares de crianzas con discapacidade do desenvolvemento.

Cheguei até un hotel de Brión grazas ao convite de Paula Verde. Alí pasei un sábado escoitando e conversando con persoas con experiencias de vida diversas, marcadas —na súa maioría— polo sufrimento de seren tratadas como diferentes e/ou estrañas. Porén, as participantes de Airea son quen de construír discursos, compartir reflexións e promover dinámicas que contribúan a facer das nosas comunidades espazos acolledores da diversidade.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209