Iniciamos a andaina de Radio Manoplas, un podcast quincenal emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas con vidas inspiradoras. Ofrecémosvos arredor de media hora de programa para coñecer as súas historias, contadas por elas mesmas. O peche do programa vén da man da canción escollida pola persoa entrevistada.
Podedes seguirnos na canle de Ivoox (https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_f11151742_1.html), en Archive (https://archive.org/details/@radio_manoplas) e tamén nas nosas redes sociais: instagram e mastodonwitter (@radiomanoplas). Para calquera dúbida, comentario ou suxestión, non dubidedes en escribirnos ao correo: info@radiomanoplas.org
No primeiro programa, Diego entrevista a Marta Bautista Díaz, veciña de Vigo e educadora social, que traballa impartindo clases no ciclo superior de Integración Social no colexio San José de la Guía.
Falamos sobre a súa infancia en Elgóibar, sobre os coidados, a educación social, o baile e algunha cousa máis. Pechamos o programa coa canción que recomenda Marta: «Je veux», de ZAZ.