CATEGORIA
Calendario 12/11/2025
Xeral

Estamos de estrea, temos nova web!

Hai uns meses anunciabamos que Radio Manoplas estreaba web e dominio propio: radiomanoplas.org, aloxado no proxecto amigo de jaira.net.

A xente de Hacce foi quen traballou no redeseño da web e da que estamos moi agradecidas polo proceso e resultado final. Fixeron un gran traballo tanto na organización dos contidos como na parte estética. Agora podedes escoitar todos os episodios das cinco tempadas na propia web, acceder a contido extra e coñecer todos os produtos que lanzamos baixo o lema #CoiaIsNotVigo.

Como novidade, esta etapa chega cunha nova iniciativa: Accións Comunitarias. O que sabemos queremos compartilo, e para iso argallamos esta proposta que busca exprimir o potencial da radio, poñéndoa ao servizo das persoas, da transformación social e dos coidados.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209