Faite coa cunca de vidro #CoiaIsNotVigo
Lanzamos un novo produto co lema #CoiaIsNotVigo: cuncas de vidro reciclado.
Algunhas lembraredes que as cuncas metálicas foron o noso primeiro obxecto co lema #CoiaIsNotVigo. Despois viñeron outros: camisolas, suadoiros, vasos, calcetíns…
Agora volvemos coas cuncas: nesta ocasión son de vidro 100% reciclado, ideais para café ou infusións. As súas medidas son 0,9 cm de diámetro e 9 cm de altura, cun peso de 272 gramos e unha capacidade de 275 ml. Ademais, son apilables.
Pide a túa cunca. Por só 10 €, bebes nesta fermosura. Podes mercala contactando no correo info@radiomanoplas.org, no Instagram @radiomanoplas ou acudindo a Dixtinta (Martín Echegaray 19) en horario de 8:00 a 16:00.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

