CATEGORIA
Calendario 08/08/2026
Extras

Os nosos podcast favoritos II

Hai tres anos fixemos unha pequena escolma dos podcasts que máis nos gustan en Radio Manoplas. A entrada titulábase «Os nosos podcasts favoritos».

Co paso do tempo, mantivemos a teima de descubrir e escoitar novos traballos. Por iso, se queredes coñecer algúns dos podcasts que son referentes para nós, deixámosvos unha nova selección, diversa e plural, con propostas sobre masculinidades, memoria e historias de vida, experiencias de persoas racializadas, independentismo, violencia patriarcal, filosofía, ciencia e moito máis.

“Hombre tenías que ser” (www.ivoox.com/podcast-hombre-tenias-ser_sq_f12081042_1.html) é unha sección do Colectivo Cala en Canal Extremadura Radio, dentro do programa «El sol sale por el Oeste». Un espazo para facérmonos preguntas sobre a maneira de ser home e revisarmos os roles machistas.

“La casa grande” (lacasagrandepodcast.substack.com/podcast) este podcast de oito episodios afonda na violencia nas relacións íntimas e no control coercitivo. As historias están narradas por mulleres cuxo proceso de recuperación no centro de mulleres maltratadas máis pioneiro de España seguimos durante máis dun ano, falando con elas en diferentes momentos. As súas historias axudan a comprender como funciona o maltrato, a identificar os sinais de alerta, a entender como afecta á infancia e a comprobar que, malia as dificultades, é posible saír dunha relación abusiva.

“A la luz del pensar” (www.rtve.es/play/audios/a-la-luz-del-pensar) é un podcast de pensamento de RNE conducido por Carlos Javier González Serrano no que se reflexiona sobre a nosa realidade e no que disciplinas como a literatura, a música ou a filosofía comparten protagonismo coa socioloxía, a psicoloxía ou a antropoloxía, ata chegar ás ciencias positivas.

“Brazalete negro” (www.panenka.org/category/panenkapodcast/brazaletenegro) alén dos focos e da fama, das vitorias e do diñeiro, o fútbol tamén ten o seu lado escuro. Relatos de perdedores no campo e na vida. Equipos malditos, xogadores desaparecidos, estadios tráxicos. Xa é hora de que algunhas desas historias, e os seus protagonistas, abandonen a penumbra do esquecemento. Pódcast da revista Panenka e Radio Primavera Sound, presentado por Aitor Lagunas.

T.I.A.S.” (tias.webs.uvigo.gal/audiorevista) serie de audiorelatos da revista T·I·A·S, na que se recollen interpretacións divulgativas de traballos científicos. Iniciativa desenvolvida polo Post Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, coa colaboración da FECYT. Este traballo foi a primeira experiencia de Radio Manoplas | Accións Comunitarias.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209