Recompilación de verán: #1 Coidados das infancias e adolescencias
Aproveitamos estes meses de verán para botar unha ollada aos catro anos de falangullo. Comezamos nos primeiros días do ano 2021 cunha entrevista a Marta Bautista Díaz.
Desde entón levamos publicados 58 episodios, principalmente entrevistas a mulleres inspiradoras, aínda que tamén pasaron polos micros catro homes. Ao longo destes anos houbo espazo para experimentar con outros formatos: fixemos dous episodios narrativos recuperando historias de Coia, e gravamos tamén dous programas moi especiais —un coas mozas da Casa da Quintán e outro con persoas presas—. Unha sorte de encontros.
Nos últimos tempos tamén animámonos a facer faladoiros con público. Até o momento levamos tres, unha experiencia moi rica e ben valorada pola nosa comunidade.
Seguimos a cociñar novos contidos, pero mentres non saen, ofrecémosvos unha recompilación do que levamos feito. Ao reescoitar os episodios, decatámonos de que hai temas que se repiten nos falangullos. Por iso fixemos un agrupamento por temáticas. Se queredes afondar nalgunha delas, aquí tedes a primeira: #1 Coidados das infancias e adolescencias.
1×6 #RadioManoplas: Inma Araujo López > http://alicerces.arkipelagos.net/1×6-radiomanoplas-inma-araujo-l%C3%B3pez
2×12 #RadioManoplas: Estefanía Rodrigues Araujo > http://alicerces.arkipelagos.net/2×12-radiomanoplas-estefan%C3%ADa-rodrigues-araujo
3×11 #RadioManoplas: Tania Lago Aller > http://alicerces.arkipelagos.net/3×11-radiomanoplas-tania-lago-aller
3×12 #RadioManoplas: Gabriela Legaspi Fernández > http://alicerces.arkipelagos.net/3×12-radiomanoplas-gabriela-legaspi-fern%C3%A1ndez
3×13 #RadioManoplas: Especial “A Casa da Quintán” > http://alicerces.arkipelagos.net/3×13-radiomanoplas-especial-casa-da-quint%C3%A1n
4×10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo > http://alicerces.arkipelagos.net/4×10-radiomanoplas-sergio-puga-amoedo-0
Faladoiro 4×12 #RadioManoplas: “Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas” > http://alicerces.arkipelagos.net/4×12-radiomanoplas-tribo-coidar-infancias-adolescencias-tuteladas
Comentarios

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

