CATEGORIA
Calendario 09/10/2026
Tempada 6

6×10 #RadioManoplas: “Pornografías, adolescencias e educación sexual”

O décimo episodio da sexta tempada leva por título: “Pornografías, adolescencias e educación sexual”.

Aproveitando a charla «A pornografía dominante a golpe de clic», organizada por Andaina o pasado 6 de outubro en Compostela, conversamos con dúas das poñentes.

Comezamos con Vanessa Rodríguez Pousada, psicóloga e sexóloga, presidenta de Sogasex e integrante de ASEIA. Despois, falamos con María Rodríguez Suárez, sexóloga, coordinadora do proxecto sexolóxico Rizoma e autora do libro “Por no educar. Una guía para abordar la pornografía desde la educación sexual”.

Convidámosvos a escoitar e reflexionar sobre o papel da industria pornográfica, o lugar que ocupa na sexualidade e a súa función na educación sexual.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209