6×8 #RadioManoplas: Sandra Lamelas Trasancos
A oitava entrevistada da sexta tempada é Sandra Lamelas Trasancos.
Vive en Navia, aínda que é orixinaria do Vicedo, municipio da Mariña Lucense. Traballa no departamento de márketing nunha empresa do sector da construción, tras estudar en Pontevedra. Namorada dos idiomas, Sandra manifesta a súa tristura polo estado do galego.
Ten unha filla chamada Jimena, que naceu cunha enfermidade rara: a síndrome de Kabuki. Sandra, sen nomear o termo, explica con claridade o concepto de “able-passing”. Sente que a súa filla “para o mundo da discapacidade é pouco discapacitada, pero para o mundo dos neurotípicos tampouco encaixa, ao tratarse dunha discapacidade que non se percibe tanto”. Participou no proxecto Airea Líderes, onde compartiu varios fins de semana con persoas con discapacidade, familiares e profesionais dese ámbito.
Sandra fala tamén da soidade e das barreiras sistémicas coas que se atoparon e se atopan moitas persoas tras os diagnósticos, un escenario que obriga a destinar inxentes cantidades de enerxía e recursos para obter os apoios que as institucións non ofrecen ou que chegan con demora e atrancos.
Despedimos a Sandra, que se despide coa música dun grupo moi acaído para o tema tratado: María Fumaça, que interpreta “Convivindo”.
Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

