CATEGORIA
Calendario 22/03/2026
Tempada 6

6×4 #RadioManoplas: Anna Gabriel i Sabaté

A cuarta entrevistada da sexta tempada é Anna Gabriel i Sabaté.

Gústalle falar de Sallent, un pobo do interior de Catalunya cunha forte tradición de loitas obreiras, onde Anna medrou e vive. Lembra a súa infancia e a súa formación na escola pública, marcadas polos valores de solidariedade e compromiso político que mamou na casa.

Aos dezaseis anos, influída polas tensións entre as distintas tribos urbanas nas rúas e, sobre todo, impactada polo dano causado polas adiccións en persoas con grande potencial, decide estudar Educación Social, ámbito no que traballa en diferentes áreas. Máis tarde, cursa tamén estudos de Dereito, nun camiño que afondaba na militancia política coa CUP, onde asumiu responsabilidades tanto a nivel municipal como no Parlamento, desempeñando un papel relevante durante o procés.

Ser unha das caras visibles durante ese período levouna a cinco anos de exilio en Suíza. Antes de despedirse co tema “Gimme Hope Jo’anna”, de Eddy Grant, Anna fala da importancia e do sentido que a militancia lle deu á súa vida.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209