CATEGORIA
Calendario 28/06/2026
Tempada 6

6×9 #RadioManoplas: Sandra Fernández Carrera

A novena entrevistada da sexta tempada é Sandra Fernández Carrera.

Vive en Santa Cristina (Oleiros), aínda que medrou pasando moito tempo nas rúas, nun contexto de forte pertenza comunitaria. Estudou INEF en Bastiagueiro e desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito da actividade física e da saúde.

Sandra conta as súas experiencias familiares. Están marcadas pola loita da súa nai, Dora, unha das impulsoras de Érguete, que buscaba alternativas para o seu fillo e para moitos outros. Sandra mamou na casa o compromiso e a loita contra as inxustizas. Anos máis tarde, tivo que afrontar retos semellantes na crianza dos seus fillos, un deles con parálise cerebral. Este camiño levouna a defender unha educación inclusiva. Hoxe imaxina e constrúe un futuro baseado en comunidades amplas e acolledoras.

Pechamos a entrevista celebrando a bravura de Sandra por poñer os desexos enriba da mesa e despedímonos coa canción “En plena calle”, de Mr. Kilombo.

Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar en Ivoox, Spotify, Archive e Podgalego.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209