O #MapadeCoia en AMovida
Hai uns meses lanzamos “Mapa de Coia. Barrio con Historia”, un proxecto co que propoñemos un achegamento subxectivo e aberto á historia e ao patrimonio do noso barrio. Escoitar, pescudar, recoller, ordenar… son os verbos que fixeron posible este resultado e que agora recolle o medio dixital A Movida nesta peza: Un mapa para descubrir a historia e a identidade de Coia, parada a parada.
Lembra que podes visitar as dez liñas do #MapadeCoia, así como o resto da información do proxecto, na nosa web.
Esta proposta aínda ten moito camiño por percorrer, así que, se tes ideas arredor deste proxecto, conta connosco. Poden ser faladoiros, roteiros, obradoiros educativos… ou calquera outra cousa que che pase pola cabeza. Só tes que escribirnos e falamos.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

