Recompilación de verán: #13 Integración social
O penúltimo tema que propoñemos é #13 Integración Social. Dúas mulleres, un profesora e outra alumna dos estudos superiores de Integración Social. A formación profesional está a sufrir cambios radicais nos últimos anos. Con este tema queremos que coñezades mellor unha profesión do eido social da man de dúas protagonistas.
Con Marta comezou este falangullo nos anos da pandemia, e mesmo participou en dous faladoiros. Nesta entrevista fala sobre a súa vida e o seu traballo como docente no ciclo superior de Integración Social.
Cintia foi alumna de Marta e tamén da persoa que conduce o falangullo. Nesta conversa reflexiona sobre a profesión e as saídas laborais que foi atopando.
A continuación deixamos os dous episodios:
1×1 #RadioManoplas: Marta Bautista Díaz > http://alicerces.arkipelagos.net/1×1-radiomanoplas-marta-bautista-d%C3%ADaz
3×6 #RadioManoplas: Cintia Micaela Fresenga Araújo > http://alicerces.arkipelagos.net/3×6-radiomanoplas-cintia-micaela-fresenga-ara%C3%BAjo
Comentarios

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

