CATEGORIA
Calendario 07/08/2025
Extras

Recompilación de verán: #9 Malestar emocional

O novena tema que traemos neste mes de agosto é #9 Malestar emocional. Nesta ocasión propoñemos catro episodios, tres entrevistas e un faladoiro, que falan do malestar, do sufrimento e tamén do papel da comunidade para superalo.

Ana é psicóloga con anos de experiencia na infancia, en especial daquela tutelada pola administración. Mariló e Tere coñecen á perfección os sufrimentos provocados pola vida na rúa e polos consumos abusivos. Son tamén boas coñecedoras do importante papel do acompañamento e da comunidade como vías de saída.

Deixamos tamén un faladoiro que de seguro será de moita inspiración para pensarmos nos malestares.

A continuación deixamos os catro episodios:

1×13 #RadioManoplas: Tere García Álvarez > http://alicerces.arkipelagos.net/1×13-radiomanoplas-tere-garc%C3%ADa-%C3%A1lvarez

2×2 #RadioManoplas: Ana Sieiro Moral > http://alicerces.arkipelagos.net/2×2-radiomanoplas-ana-sieiro-moral

3×4 #RadioManoplas: Mariló Fernández Besada > http://alicerces.arkipelagos.net/3×4-radiomanoplas-maril%C3%B3-fern%C3%A1ndez-besada

5×1 #RadioManoplas: “Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico” > http://alicerces.arkipelagos.net/5×1-radiomanoplas-alternativas-comunitarias-malestar-emocional-psiquico

Comentarios

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209