CATEGORIA
Calendario 12/07/2026
Extras

T·I·A·S: historias onde a ciencia soa

En 2026 nace Radio Manoplas | Accións Comunitarias, unha iniciativa que recolle a experiencia acumulada do pódcast Radio Manoplas, a formación de equipos docentes e o traballo en distintos contextos sociais. Actualmente, o proxecto está impulsado por Diego Lores Correa e Martín Fernández Pérez, coa vontade de seguir medrando e incorporar novas colaboracións no futuro.

Estreamos esta nova etapa cun proxecto de referencia: T·I·A·S (This is also science).

Proxecto T·I·A·S: divulgación científica accesible

Durante varios meses traballamos no desenvolvemento de T·I·A·S para o Post-growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. Trátase dun proxecto de divulgación científica que busca achegar á sociedade, de forma accesible e atractiva, resultados de investigación presentes en distintos traballos científicos.

Como resultado, creouse a Revista T·I·A·S, dispoñible en:

Este enfoque multiformato permite ampliar o acceso ao coñecemento científico e fomentar a inclusión.

Produción de audiorelatos: do texto ao son

O noso traballo centrouse na creación de contidos sonoros a partir de relatos de ficción. En total, producimos sete audiorelatos a través dun proceso completo de produción de pódcast:

  • Adaptación dos textos ao formato sonoro
  • Elaboración do guión técnico
  • Selección de participantes
  • Dirección durante as gravacións (coa colaboración de Silvia Penas)
  • Gravación de audio
  • Edición e montaxe sonora
  • Publicación en Ivoox e redacción de textos resumo

Ademais, realizamos un episodio especial, o “Episodio cero”, no que presentamos o proxecto. Encargámonos de todas as fases: guión, gravación, edición e produción.

No acto de presentación da revista T·I·A·S, tamén coordinamos a estrea dun episodio en directo, asumindo a dirección artística e o son en vivo.

Accede a todos os contidos do proxecto en: tias.webs.uvigo.gal

Impacto social e aprendizaxes

Este proxecto deixou aprendizaxes relevantes no ámbito da comunicación, a educación e a acción comunitaria:

  • Participación diversa: contamos con persoas non profesionais, de diferentes idades e experiencias.
  • Valor social da creación artística: o proceso de gravación resultou significativo e empoderador para as participantes.
  • Ciencia accesible: facilitamos o acceso ao coñecemento científico a públicos afastados deste ámbito.
  • Diálogo entre ciencia e experiencia: os relatos xeraron conversacións que conectan investigación, vivencias persoais e saber comunitario.

T·I·A·S exemplifica como o pódcast e a narrativa sonora poden ser ferramentas clave para a divulgación científica e a transformación social.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209