CATEGORIA
Calendario 01/12/2025
Extras

Lanzamento do: “Mapa de Coia. Barrio con historia”

Presentamos un novo proxecto que leva por título: “Mapa de Coia. Barrio con historia”.

Contar o barrio, de xeito colectivo e diverso, ten moito potencial para coñecer a nosa historia. Achegámonos ao territorio a través dunha serie de liñas de transporte ficticias -simulando un metro coiano- que conectan puntos de interese organizados por temáticas: patrimonio, educación, deporte, loitas veciñais, bares…

A proposta é subxectiva e aberta; comezamos por dez liñas con seis paradas en cada unha delas. Somos conscientes de que hai paradas e temas que quedaron fóra, mais temos claro que a proposta ten percorrido e, na medida das forzas, iremos desenvolvendo.

Ao longo destes días iremos dando a coñecer cada unha das liñas, con cadansúas paradas. Agardamos que o #MapadeCoia sirva para activarnos como comunidade e para pular por un barrio de acollida e boa vida para todas.

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209