O #MapadeCoia tamén na Voz de Galicia
Os medios da cidade seguen a amosar o seu interese polo proxecto: “Mapa de Coia. Barrio con Historia”. Nesta ocasión a Voz de Galicia, na súa edición viguesa, publicou unha peza co título: El metro que viaja por la historia de Coia.
Como di o inicio do artigo de Begoña Sotelino: «O metro de Coia non existe, pero a súa historia si. E agora ten mapa». Aproveitamos esta publicación para volver convidarvos a achegarvos a esta iniciativa subxectiva e aberta ao barrio de Coia.
Como xa dixemos noutras ocasións, gústanos pensar que este mapa pode servir ás nosas veciñas para reflexionar e, sobre todo, para seguir facendo deste espazo un territorio no que caibamos todas; un futuro que faga deste barrio un lugar digno para todas as vidas.
Lembra que podes visitar as dez liñas do #MapadeCoia, así como o resto da información do proxecto, na nosa web.
O #MapadeCoia en AMovida
5×11 #RadioManoplas: Manolo S. Bayona

Podcast, mellor falangullo, de entrevistas -e ás veces probamos con outros formatos- feito desde #CoiaIsNotVigo #36209

